Esixen que se paralicen "todos" os parques eólicos de Galicia ata a aprobación da zonificación de renovables da PAC

O Sindicato Labrego Galego lembra que esta delimitación para implantar polígonos industriais enerxéticos implicará "modificacións significativas" pois delimitará zonas de "máxima, moi alta ou alta sensibilidade agraria".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego demandou a paralización da tramitación de "todos" os parques eólicos en Galicia ata que se complete a zonificación de renovables da Política Agraria para o período 2023-27, en vigor desde este mes de xaneiro.

Nun comunicado emitido este miécoles, o SLG lembrou que nun prazo de tres meses o Goberno central procederá a ampliar a ferramenta que delimitirá as zonas nas que producir enerxías renovables.

Ante isto, consideran "incompatible" que leve a cabo a aprobación "inminente" desta medida coa "recente aprobación acelerada e masiva de proxectos" que, segundo o sindicato, foi "forzada" polo Ministerio de Transición Ecolóxica e a Xunta.

Lembran que esta delimitación para implantar polígonos industriais enerxéticos implicará "modificacións significativas" pois delimitará zonas de "máxima, moi alta ou alta sensibilidade agraria".

Así pois, o SLG solicitou unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para solicitar a "paralización" da tramitación de polígonso industriais eólicos. Deste xeito, avanzaron que, no caso de que Miñones acepte reunirse, trasladarán a "vital importancia" para Galicia do mantineimiento da "xa de seu escasa" superficie agraria últil que "a pesar do potencial de Galicia como país produtor dun ben tan esencial como é a alimentación, o abandono institucional reduciu a un limitado 21%".

Así as cousas, o Sindicato Labrego reclama que se respecte a nova zonificación "procurando a protección das granxas fronte a invasión eólica", polo que reclaman a "inmediata paralización" dos proxectos en tramitación e dos que "aínda non está publicada a súa aprobación, para adaptalos a esta nova zonificación en aras de salvagardar a supervivencia" do campo e o medio rural galego.

Unha vaca pasta fronte a aeroxeradores nun Parque eólico. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Unha vaca pasta fronte a aeroxeradores nun Parque eólico. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta