Bugallo critica que a ampliación do CHUS non sexa de interese autonómico

Móstrase "sorprendido" polas acusacións de que non destina "nin un euro" ao proxecto e lembra que hai unha reunión pendente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrouse "sorprendido" polas declaracións realizadas este xoves pola Administración sanitaria en relación á ampliación do CHUS, nas que acusaba o goberno local de non pór "nin un euro" nesta infraestrutura, despois de que o rexedor instase a desbloquear o proxecto de construción dun novo aparcadoiro.

Bugallo sinalou ante os medios de comunicación que o concello está "pendente desde decembro dunha reunión" con Infraestruturas para "abordar os temas de conectividade do hospital" e criticou que a Xunta que, no seu momento, decidise declarar este proxecto como de "interese local" e non de "interese autonómico", como ocorre cos hospitais da Coruña, Vigo ou Pontevedra.

A maiores, aclarou que o concello "pon máis que os terreos" e, concretamente "renuncia a cobrar máis ou menos tres millóns de euros aos que tería dereito de acordo coa lei", a través dunha bonificación do 95 por cento do imposto de construcións. "Desde o concello ofrecemos unha total colaboración permanente en todo", dixo Bugallo, que lembrou que se declarou de "interese local" esta ampliación, aínda cando, ao non tratarse dunha obra de "interese autonómico", o consistorio podería "negarse a facelo".

CONSECUENCIAS NO TRÁFICO

Aínda que o goberno local apoia "sen condicións" esta ampliación, Sánchez Bugallo apostou por non "ignorar o que está a pasar alí", un problema de mobilidade que "se agravará" coa ampliación do centro, que suprimirá zona de aparcadoiro do recinto hospitalario. "Son consciente de que quen constrúe unha infraestrutura destas características debería de ser responsable das consecuencias que se derivan desta construción", dixo.

Hall principal do Hospital Clínico de Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Hall principal do Hospital Clínico de Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

O concello, dixo o rexedor, "achegou dous aparcadoiros para o servizo do centro hospitalario", un gratuíto, en Santa Marta, e outro de pago. Son "máis de 700 prazas que, sen elas, non se como podería funcionar o Clínico", apuntou Bugallo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta