As obras de mellora da segunda fase da estrada AC-862 entre Cedeira e Ortigueira comezarán esta primavera

Ethel Vázquez asegurou que o obxectivo é "transformar a mobilidade entre San Sadurniño-Ortigueira"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2023 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou este luns que as obras da segunda fase de mellora na estrada AC-862 (Ferrol-Manón), no tramo entre Campo de Hospital (Cedeira) e Ponte Mera (Ortigueira), iniciásense "esta primavera", cun prazo de execución de 18 meses e cun investimento de 7,5 millóns de euros, nun tramo de tres quilómetros que, desde o seu punto de vista, suporá "case a execución dunha estrada nova".

Así o dixo a conselleira en Cerdido (A Coruña), onde visitou as obras da primeira fase, xa finalizada, acompañada por alcaldes de concellos polos que discorre este viario e pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

"Nesta segunda fase seguirase a mesma liña de traballo que na primeira, coa rectificación de 13 curvas, a instalación de cunetas de seguridade e habilitación de terceiros carrís", detallou Vázquez, que incidiu que "nestes momentos están a valorarse as ofertas recibidas e están avanzadas as expropiacións".

FASE XA EN SERVIZO

En canto á actuación da primeira fase, entre San Sadurniño e Campo do Hospital, que discorre tamén por Moeche e Cerdido, sinalou que supuxo "un investimento da Xunta de 7,2 millóns de euros". A actuación implica a intervención en 17,5 quilómetros, coa rectificación de curvas, disposición dun terceiro carril para facilitar os adiantamentos e optimización do carril lento que había en sentido Ferrol.

Ethel Vázquez asegurou que o obxectivo é "transformar a mobilidade entre San Sadurniño-Ortigueira, cun antes e un despois na seguridade viaria e na comodidade dos desprazamentos dos veciños da zona, cun investimento de case 15 millóns de euros".

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Xunta de Galicia
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta