É "claro e meridiano" que Adif non analizou os riscos de Angrois, segundo vítimas e avogado do maquinista

Andrés Cortabitarte, o ex alto cargo de Adif acusado, "era coñecedor perfectamente dese risco", din.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A plataforma de vítimas do accidente ferroviario de Angrois (Santiago) e o avogado do maquinista procesado, Francisco Garzón, coinciden ao final da acción penal do xuízo en que quedou "claro e meridiano" que Adif non analizou os riscos.

En declaracións a Europa Press, o portavoz da plataforma, Jesús Domínguez, interpreta que se viu "claro e meridiano" que o erro humano non podía quedar sen mitigar e que o administrador de infraestruturas, co seu ex director de seguridade tamén procesado, non propiciou que houbese as preceptivas análises e mitigación de riscos.

Pola súa banda, o letrado que exerce a defensa de Garzón, Manuel Prieto, ve "claro" que "a causa" do sinistro foi, de feito, "a omisión" desa avaliación do perigo da curva, que se materializou no descarrilamento na curva da Grandeira, con 80 mortos e 140 feridos.

Domínguez destaca aos peritos "independentes" que compareceron nesta parte do xuízo, en concreto a César Mariñas, e subliña que o que denunciou coincide co que dixo o ex xefe de seguridade da Axencia Ferroviaria Europea, Christopher Carr. Da experta en factor humano Pilar Calvo, que declarou esta última sesión do xuízo penal, resaltou o "claramente" que se viu como Andrés Cortabitarte, o ex alto cargo de Adif acusado, "era coñecedor perfectamente dese risco porque foi perito do accidente do metro de Valencia".

Os PERITOS DE ADIF

Mentres, Prieto considera "probado que a causa foi unha omisión da análise de riscos" e valora que "coincidiron dous do tres peritos xudiciais e a Axencia Ferroviaria Europea". Ademais, chama a atención sobre a "seriedade" dos seus peritos e sobre o feito de que Adif "non logrou contar máis que cun contratista e a súa directora de seguridade".

Sesión do xuízo do Alvia na Cidade da Cultura
Sesión do xuízo do Alvia na Cidade da Cultura | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta