A Xunta pide recuperar o 25% das frecuencias ferroviarias perdidas tras a pandemia

Quere que se recuperen, principalmente, as liñas de Vigo-Monforte, con Portugal, A Coruña-Monforte, A Coruña-Betanzos e Ferrol-Ortigueira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2023 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A Xunta quere recuperar o 25% das frecuencias ferroviarias de rexionais e media distancia que había en Galicia antes da pandemia, precisamente, en lugares que, tras a covid, perderon ata un 75% das liñas de tren.

Tren Avant en Galicia
Tren Avant en Galicia | Fonte: RENFE

Un estudo da Consellería de Infraestruturas detectou importantes déficits en trens de media distancia e rexionais de antes da pandemia. Este informe destaca que no eixo Vigo-Monforte perdéronse o 75% das frecuencia, o 50% con Portugal no eixo Monforte-Ponferrada, o 66% entre Coruña e Monforte, un 36% nos servizos entre A Coruña e Betanzos e un 30% entre Ferrol e Ortigueira.

No eixo Atlántico, Renfe recuperou xa todas as frecuencias, pero Rueda criticou que algúns destes trens pasaron a ser de media distancia e non rexionais co cal deixan a moitos usuarios sen servizos. "Hai que recuperar esas paradas intermedias para non deixar a moitas vilas sen servizo", manifestou. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta