Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/02/2023 | Actualizada ás 15:39
Os traballadores do sector de acuicultura mariña terán un aumento salarial do 5,7% en 2022, tras a firma esta semana das táboas salariais definitivas para o pasado ano por parte da comisión paritaria do convenio do sector, composta por CC.OO. e a patronal Apromar, segundo informou o sindicato nun comunicado.
En concreto, unha vez coñecido o IPC real de 2022, ás táboas iniciais (1,3%) procedeuse a incrementalas nun 4,4% máis, ata alcanzar o 5,7% do IPC real. Unha revisión salarial que afectará a máis de 4.000 traballadores, que deberán recibir os atrasos xerados por esta revisión salarial desde o 1 de xaneiro de 2022.
Segundo o sindicato, uns atrasos que supoñen unha 'paguilla' duns 750 euros de media de salario base (cálculo pertencente á categoría acuicultor oficial de primeira), máis as diferenzas dos pluses de transporte, nocturnidade, dispoñibilidade, etc.
En 2022, a media dos incrementos asinados foi dun 3% cando no Convenio de Acuicultura Mariña foi do 5,7%, asegurando o poder adquisitivo dos traballadores do sector, sinalou o sindicato que lembra que esa firma levou que a categoría máis baixa percibise un incremento adicional de 47 euros ao mes (+4,80%), entre outras melloras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.