Máis de 32.800 galegos pediron xa o cheque de 200 euros

Nas primeiras 24 horas, a Axencia Tributaria rexistrou 32.858 solicitudes en Galicia, sendo A Coruña a oficina con máis peticións

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/02/2023 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

Máis de 32.800 galegos pediron xa o cheque de 200 euros que concede o Goberno ás rendas inferiores a 27.000 euros, cuxo prazo de solicitude quedou aberto na xornada do mércores.

Durante estas primeiras 24 horas, as oficinas da Axencia Tributaria na Comunidade galega recibiron 32.858 solicitudes. A oficina da Coruña é a que maior volume de peticións rexistrou con 13.182, seguida da de Pontevedra (6.337) e Vigo (6.256). En Ourense producíronse 3.810 solicitudes e en Lugo, 3.273.

A nivel estatal foron un glogal de 570.000 as peticións solicitadas durante o primeiro día de prazo na páxina web da Axencia Tributaria.

CARACTERÍSTICAS

Os posibles beneficiarios da nova axuda de 200 euros que aprobou onte o Goberno unicamente poderán pedir o cheque entre o 15 de febreiro e o 31 de marzo de 2023.

A norma especifica que os fogares beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital (IMV) ou dalgún tipo de pensión non poderán acceder ao cheque de 200 euros, aprobada para "paliar situacións de vulnerabilidade económica non cuberta por outras prestacións de carácter social", como as antes mencionadas.

Pola contra, o decreto sinala que esta axuda de 200 euros diríxese a quen fosen asalariados, autónomos ou desempregados en 2022, que teñan un máximo de ingresos --27.000 euros anuais--, e de patrimonio conxunto --de 75.000 euros-- en función da convivencia no domicilio. Neste último caso calcúlase descontando a vivenda principal, no caso de ser da propiedade dos beneficiarios.

ONDE SE SOLICITA

No formulario na sede electrónica da Axencia Tributaria deberá figurar necesariamente a conta bancaria do titular da solicitude na que se desexe que se realice o abono, xa que estes 200 euros recibiranse mediante transferencia bancaria nun pago único.

Un empregado traballa nunha oficina da Axencia Tributaria
Un empregado traballa nunha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Europa Press

Transcorrido o prazo de tres meses desde a finalización do prazo de presentación da solicitude sen efectuarse o pago nin notificarse unha proposta de resolución denegatoria, a solicitude poderá entenderse desestimada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta