"Construíndo feminismo aula a aula", a campaña de Erguer para o 8M

A organización convoca paros de dúas horas nos centros de ensino

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/02/2023 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Erguer presenta a súa campaña para o 8M baixo o lema "Construíndo feminismo aula a aula" co obxectivo de mobilizar ás estudantes nas rúas e nas aulas no Día da Muller Traballadora. A organización estudantil pretende dar visibilidade aos problemas que diariamente sofren as estudantes.

Presentación 8M Erguer
Presentación 8M Erguer | Fonte: Erguer

"As mulleres estamos invisibilizadas e discriminadas no ensino de maneira sistémica, dende o borrado de nomes ao longo da historia ata a actualidade onde vemos como seguen existindo barreiras para acceder a determinadas carreiras ou para ascender academicamente" sinalou Marina, membro do CN da organización. 

A campaña dá comezo este xoves e estenderase durante todo o mes, culminando coa participación das mobilizacións convocadas polo movemento feminista no propio día. "Queremos animar a todas as estudantes do país a saír as rúas este 8M para loitar por un ensino feminista e liberador, que contribúa a combater o patriarcado" concluíu.

Para culminar este traballo de "pisar as aulas", Erguer convoca paros de dúas horas, de 11:00h a 13:00h en todos os centros de ensino medio, formación profesional e universidades galegas co fin de que as estudantes poidan secundar as mobilizacións que se convoquen ao longo da mañá do propio día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta