Pillan "in fraganti" a un buque realizando unha descarga ilegal de hidrocarburos fronte á costa galega

A Capitanía Marítima de Tarragona ordenou a retención do buque 'Lagertha', con bandeira de Malta, pola descarga ilegal realizada na zona do dispositivo de separación do tráfico marítimo de Fisterra

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 21/02/2023 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A Capitanía Marítima de Tarragona, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, ordenou a retención do buque 'Lagertha', con bandeira de Malta, por unha descarga ilegal de hidrocarburos realizada na zona do dispositivo de separación do tráfico marítimo de Fisterra, na costa de Galicia.

A descarga de hidrocarburos detectouse o pasado 11 de febreiro, cando o avión de Salvamento Marítimo realizaba un control rutineiro de prevención e loita contra a contaminación sobre esta contorna, e sorprendeu ao buque 'in franganti'. A mancha estendeuse nunha superficie de 12,7 quilómetros cadrados, explicou o Goberno nun comunicado este martes.

O barco manterase detido no Porto de Tarragona ata que os seus propietarios abonen unha fianza de 100.000 euros na caixa de depósitos e o capitán presente a documentación requirida e designe un domicilio en España.

Imaxe do buque soltando o hidrocarburo
Imaxe do buque soltando o hidrocarburo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta