Opositores aprobados da Xunta levan catro anos sen que se resolvan as súas prazas

Envían queixas á valedora do Pobo ante o atraso da resolución final de procesos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2023 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia



Opositores aprobados na Oferta Pública de Emprego (OPE) da Xunta de 2019, relativos a diferentes categorías como auxiliares de enfermaría ou educadores, enviaron varias cartas de queixa á valedora do Pobo para reclamar a "resolución final" dos seus procesos selectivos.

Tras manifestarse ante o Parlamento hai unhas semanas, agora optaron por esta vía, xa que esta resolución das OPE "levan meses demorándose inxustificadamente co prexuízo que iso supón a nivel económico e de cómputo de antigüidade".

"Moitos sabemos que temos praza desde hai un ano, estamos mentres tanto nas listas de contratación do contrato que xurda", apunta, "ou se non, en casa, cobrando das prestacións cunha praza aprobada", denuncia nun comunicado o Grupo de Coordinación de Opositores Xunta.

Avisan de que seguirán coas mobilizacións se a situación non se arranxa. "A Xunta non proporciona o persoal suficiente para administrar todos os procesos selectivos, só cinco administrativos para miles de expedientes, unha tolemia", lamentan.

Concentración este martes fronte ao Parlamento de Galicia.
Concentración este martes fronte ao Parlamento de Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta