Rego sinala que "perdemos case un terzo dos impostos que pagamos" e reclama para Galicia "capacidade para lexislar"

Tamén apelou a pór fin "para o efecto sede" de Madrid para obrigar ás empresas a pagar tributos onde operan.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2023 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

O BNG subliñou a necesidade de acometer reformas no sistema de financiamento autonómico porque o actual é "inxusto, inadecuado e lesivo" para Galicia. "Perdemos case un terzo --4.500 millóns de euros-- dos impostos que pagamos ao Estado", aseverou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante un debate no Congreso sobre os concertos económicos de Euskadi e Navarra.

Alí, Rego reclamou para Galicia "capacidade para lexislar e recadar todos" os impostos que se xeran na comunidade, á vez que apelou a pór fin "para o efecto sede" de Madrid para obrigar ás empresas a pagar tributos onde operan.

Isto, di, ocorre con 4.000 compañías que teñen a súa sede social en Madrid pero que traballan en Galicia, o que definiu como un "espolio fiscal". "O Estado recadou en Galicia, nese ano, 13.200 millóns, pero só reintegrou 8.650 millóns. É dicir, perdemos case un terzo dos impostos que pagamos ao Estado. Dato mata relato e os datos son esclarecedores", denunciou o deputado do BNG, que pide para Galicia un concerto económico.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 Sentidiño

Somos unha colonia, pero non de Chanel: de todo a cen.

1 Gamela

Se tecleas no Google : Chanel sabes cal é o primeiro resultado ? Por que Chanel Terrero e non Tanxugueiras ? E logo toda a polémica arredor do sexismo da gañadora e da liberdade da artista subvencionada polo Réxime ? En definitiva eu prefiro a auténtica Kölnish Wasser ~ https://es.wikipedia.org/wiki/Agua_... Do resto falamos outro día...

1 Ferroviario

O imposto que pagan as empresas é o imposto de sociedades, que non está tranferido as CCAA, ou sexa que é igual onde o pagan. Ademais as empresas pagan impostos municipais (IAE, IBI, Tasas), que, desde logo, pagan eiquí e que desde logo non son catro duros.

1 Gamela

Unha pregunta: xa que Rueda anda argallando para converter os baixos comerciais en vivendas, podesme dicir se os impostos IBI dun baixo comercial son menores aos impostos IBI dunha vivenda ? Obrigado

2 Ferroviario

O IBI depende do valor catastral e da cota tributaria que fixa cada Concello, así que a resposta é que depende de cada caso. E , desde logo, non todolos baixos comerciais valen para vivendas, por problemas de superficie mínima, ventilación, luz, etc.

3 Sentidiño

É precisamente por non estar transferido polo que é expoliador: o balanzo é negativo para Galiza: a Comunidade de Madrid porá eólicos cando lle renten, polo de agora sáenlle gratis.

4 Ferroviario

Pero o imposto de sociedades tampouco é o maná, e de IAE e IBI págase unha boa suma.Inditex pga unha morea de cartos en Arteixo polo IAE. A tese esa do " expolio" non atura os números, e parte da base errónea de que as empresas somente pagan o imposto de sociedades. Pois non, como dixemos, pagan outros en Galicia. E no tema das pensións sí que non hai nengún " expolio", senón ao revés, as pensións son moi deficitarias en Galicia. Pero é que xente que non admite os feitos que non avalna as súias ideas, e repiten sempre o mesmo.

5 Sentidiño

O 55% dos polígonos eólicos mariños dr Hespaña van estar na costa galega. No Manzanares non collen.