O BNG denuncia a "pasividade" do Goberno ante a "desaparición" da gandaría en Galicia

Pediu unha estratexia con medidas específicas que eviten o peche de pequenas e medianas explotacións gandeiras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2023 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas no Congreso para reclamar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha estratexia con medidas específicas que eviten o peche de pequenas e medianas explotacións gandeiras en Galicia.

A formación nacionalista denuncia a "pasividade" do Goberno central ante "a progresiva desaparición dun sector importante e con tanto peso na economía galega", provocada por "a subida desproporcionada" dos custos de produción e unha Lei de Cadea Alimentar "que non garantida a rendibilidade das explotacións".

Segundo sostén o BNG nunha nota de prensa, o sector primario ten un peso "indiscutible" na economía galega e, neste sentido, fai referencia a un estudo do Instituto Galego de Estatística de 2020 no que se indica que o sector agroalimentario achega o 6,9% do PIB de Galicia.

En contraposición, os nacionalistas apuntan que na última década o peche de explotacións agrogandeiras e a desaparición de postos de traballo agrarios en Galicia "está a ser constante e agudizouse profundamente nos últimos dous anos".

"O aumento dos prezos dos combustibles, dos pensos, da enerxía, da materia prima e outros factores, están a prexudicar enormemente ás pequenas e medianas explotacións gandeiras e ameazan a súa supervivencia, incapaces de facer fronte ao crecente volume de gastos", censurou Néstor Rego.

Por iso, o BNG esixe que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "pase da actitude pasiva a desenvolver unha estratexia con medidas específicas para o sector" co obxectivo de "evitar o peche de máis explotacións gandeiras en Galicia".

Nesta mesma liña, cre que o Goberno central e o autonómico deberían abordar esta cuestión de forma conxunta debido "ao peso fundamental que o sector da carne e o lácteo teñen en Galicia", para, deste xeito, "garantir a súa continuidade, parar o peche de explotacións e incentivar a súa viabilidade futura".

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego / BNG / Europa Press
O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego / BNG / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Os galeg@s tenhem o votado. Para chorar estám os cemitérios.