A factura da crise en Galicia: As importacións son un 20% máis caras en 2022, cinco puntos máis que as exportacións

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2023 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Os prezos dos bens importados por Galicia creceron un 19,5% en 2022 en comparación co ano anterior, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este luns.

Este incremento de prezos é case cinco puntos maior que o das exportacións, cunha alza interanual do 14,9%. As importacións relacionadas coa enerxía e consumo alimentario son as que computan maior incremento ao longo de 2022. Os bens de capital son os únicos cuxo prezo descende.

No tocante ao último mes do ano, os prezos das importacións repuntan unha 17,5% fronte ao 9,7% das exportacións. Ese repunte dos prezos dos bens importados por Galicia tivo a súa cota máis alta en setembro, cando foron ata un 29% máis caros que no mesmo mes do ano anterior.

Exportacións agroalimentarias (arquivo). JLBORT - Arquivo
Exportacións agroalimentarias (arquivo). JLBORT - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta