Por Europa Press / Redacción | VIGO | 27/02/2023 | Actualizada ás 18:06
O Concello da Illa de Arousa formalizou este luns ante a Garda Civil a denuncia polas desfeitas vandálicas no cruceiro situado na rúa Illa ocorridos na madrugada deste domingo e que, ao seu xuízo, conforman un delito contra o patrimonio histórico xa que se trata dun ben datado no século XIX.
Tal como indicou nun comunicado o goberno local, desta maneira dará comezo unha investigación para buscar testemuñas que permitan identificar as persoas implicadas no acontecemento.
"O atentado contra o cruceiro deixou a súa cruz rota en dez pedazos, que o Concello custodia no almacén municipal á espera de coordinar con Patrimonio como proceder á súa restauración", indicou o Concello.
Neste sentido, o concelleiro de Servizos, Luís Arousa, mostrou a súa intención de devolver o conxunto ao seu estado orixinal, recompondo os anacos ata formar unha única peza que volva coroar o cruceiro. De non ser posible, el apostou pola súa reposición artesanal.
Arousa considerou "inaceptable" que se atente contra o patrimonio común con total impunidade e solicita á veciños colaboración cidadá para esclarecer os feitos e velar pola conservación de elementos históricos e de obras novas que están en execución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.