Rueda demanda que o Goberno teña en conta o "peso significativo de Galicia" no PERTE naval

A industria naval representa o 3,5 % do PIB e dá emprego a case 13.500 persoas

Por E.P. | Galicia | 28/02/2023 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este martes en que o Goberno debe ter en conta o "peso significativo de Galicia" no sector naval de cara ao PERTE dirixido a esta industria.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, co comité executivo de Navalia 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, co comité executivo de Navalia 2024 | Fonte: Europa Press

Segundo lembrou, as empresas galegas uníronse para presentar unha candidatura "única e potente" a ese PERTE. Así, trasladou a súa esperanza de que a convocatoria se resolva de forma favorable para Galicia, onde a industria naval representa o 3,5 % do PIB, e dá emprego a case 13.500 persoas. "Levamos moito tempo facendo as cousas ben, e merecemos recoller o froito dese esforzo", proclamou.

Rueda acudiu áa industria naval representa o 3,5 % do PIB, e dá emprego a case 13.500 persoas, que xa iniciou os preparativos da nova edición deste certame (en maio de 2024), tras o proveitoso balance da feira en 2022.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta