O economista González-Páramo sitúa o control da inflación no 2025

Sinala que Galicia é das comunidades máis expostas á exportación

Por E.P. | Galicia | 01/03/2023 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O economista José Manuel González-Páramo ve unha "meta realista" que o control da inflación chegue a partir do 2025, tal e como recolle a previsión do Banco Central Europeo que fixa ese ano para que se alcance unha cifra en torno ao 2%.

O economista  José Manuel González-Páramo, nunha entrevista con Europa Press
O economista José Manuel González-Páramo, nunha entrevista con Europa Press | Fonte: Europa Press

No entanto, advirte que a cronificación da alza de prezos "está a ser maior da esperada", cun IPC subxacente no 7,7% que "debe preocupar". Este catedrático advirte que "non hai razóns para felicitarse" cos datos que acaban de coñecerse do IPC, cun repunte ao 6,1% en febreiro, pois o 2023 rompe coa moderación de prezos rexistrada a finais de 2022. "

José Manuel González-Páramo imparte este mércores na Coruña a conferencia 'O retorno da inflación. Algúns ensinos para o BCE'.  "Non sabemos aínda as consecuencias plenas da pandemia, o que chaman a pandemia longa, da que ninguén fala", di en referencia a que existe xente con dificultades de saúde ou que se retirou de mercado de traballo, unido a "a escaseza de persoal" para determinados sectores. 

Este conselleiro independente de Abanca apunta que a alza do IPC subxacente "o que quere dicir é que os sectores industriais e de servizos están a pasar cara adiante custos do pasado". "É o núcleo duro da inflación", deixa claro.

RETARDO DA ECONOMÍA GALEGA

Nesta entrevista con Europa Press, José Manuel González-Páramo valorou a situación de Galicia, que acumula varios meses de maior subida de prezos que a media española, unha cuestión que identifica con que está "máis exposta que outras á industria que consome enerxía en alta cantidade".

Respecto ao crecemento da economía galega, que pechou 2022 case dous puntos por baixo da media española, González-Páramo evidencia que "isto é consecuencia da exposición que ten Galicia á exportación", posto que é a segunda comunidade máis exposta porque "exporta moito". Iso si, lembra que o PIB galego caeu menos en 2020 que no conxunto do país.

"Cando Europa se arrefría, Galicia arrefríase máis que a media do país, porque cando exportas produtos semifacturados ou materias primas aféctache de cheo, e Europa está a arrefriarse máis que España, é o que está a afectar fundamentalmente a Galicia", asegura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta