"Preocupación" polo aumento dos contratos fixos descontinuos

A Xunta celebra a caída dos desempregados e asegura que Galicia dispón dun "mercado laboral atractivo"

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 02/03/2023 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

Sindicatos valoraron este xoves os datos do paro, que recollen que Galicia pechou febreiro con 956 desempregados menos, pero alertaron do "preocupante" aumento dos contratos fixos descontinuos e a tempo parcial.

En concreto, a Confederación Intersindical Galega (CIG) subliñou que, en xeral, os datos son "positivos", aínda que puxo o foco en que están "fortemente marcados pola reforma laboral".

"Os contratos indefinidos a tempo parcial ou fixos descontinuos superan con fartura, e con moita diferenza, os datos de fixos ordinarios", lamentou o secretario confederal de Emprego da CIG, Francisco González Sío. Neste sentido, dixo que isto provocará unha perda de rendas, xa que o número de traballadores que non teñen un salario "completo" cada vez aumenta máis.

El tamén puxo o foco nos mozos, onde o paro aumentou en febreiro. "Isto nótase máis nun momento no que todos os datos son positivos, mentres que este colectivo, que sempre foi o máis castigado, segue séndoo", sentenciou.

Dúas persoas pasan pola oficina de emprego de Acacias en Madrid
Dúas persoas pasan pola oficina de emprego de Acacias en Madrid | Fonte: Europa Press

UGT CRITICA A "INEFICACIA" DAS POLÍTICAS DE EMPREGO

Pola súa banda, UGT celebrou o descenso do paro e puxo en valor a reforma laboral, que permitiu dar "estabilidade" ao emprego. Con todo, este sindicato tamén mostrou a súa "preocupación" por certos datos, como o paro de longa duración, que "segue sendo moi elevado".

Por iso, UXT criticou a "ineficacia" das políticas activas de emprego e pediu unha mellora da cobertura do sistema de prestacións por desemprego.

"MERCADO LABORAL ATRACTIVO"

Así mesmo, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, tamén valorou as cifras do paro, asegurando que a Xunta está a crear un "mercado laboral atractivo" en Galicia que se demostra con esta caída do desemprego en febreiro, a pesar de que a nivel nacional o paro aumentou en máis de 2.600 persoas.

Lorenzana puxo o foco en que se contabilizaron máis afiliacións á Seguridade Social que persoas que saíron do paro o que, ao seu xuízo quere dicir que esas persoas que saen das listas de desemprego é porque atoparon un traballo na Comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta