Por Galicia Confidencial | Lugo | 02/03/2023 | Actualizada ás 22:00
"Hai 4 meses facía pública esta notificación de penalización. Hoxe por fin, tras varios recursos da miña avogada, podo reafirmarme no que sempre dixen: a penalización foi INXUSTA. Grazas a todas as persoas que me mostraron o seu apoio durante estes meses, que non foron poucas". É a publicación que fixo o enfermeiro Héctor Castiñeira tras pasar catro meses penalizado por dicir unha verdade como unha catedral; a concatenación masiva de contratos por horas que teñen moitos profesinais da sanidade en Galicia.
Unha verdade que o profesional explicou en directo nun progrma de La Sexta e polo que, días despois, foi "castigado". Durante ese programa, Castiñeira dixo que asinou máis de 500 contratos no sistema público de saúde galego durante 14 anos e ensinaba a súa vida laboral, "máis de 30 folios", dicía.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de laSexta Xplica (@lasextaxplica)
O sanitario puxo de manifesto que a súa difícil vida laboral "non é un caso particular, senón o de miles de enfermeiras e enfermeiros que ven obrigados a marcharse ao estranxeiro". "O meu salario é de 1.670 euros cunha retención de 20%”, dixo. “Se quero gañar algo máis facendo noites ou traballando os festivos, gaño 300-400 euros máis na nómina. Non cobro máis que iso”, lamentou.
Días despois recibiu unha carta do xerente da área sanitaria de Lugo- A Mariña - Monforte, onde traballa que lle comunicaba unha "penalización" dun ano de bolsa de emprego polo que caía ao posto 780 para ser novamente contratado. Castiñeira decidiu poñer o caso en mans de abogados e catro meses despois obtivo a súa merecida victoria. O Sergas tivo que recoñecer a actuación inxusta e "repoñelo" no mesmo posto que ocupaba nas listas de vinculación temporal antes da penalización.
Hace 4 meses hacía pública esta notificación de penalización.
— Enfermera Saturada 🫀 (@EnfrmraSaturada) March 1, 2023
Hoy por fin, tras varios recursos de mi abogada, puedo reafirmarme en lo que siempre dije: la penalización fue INJUSTA.
Gracias a todas las personas que me mostraron su apoyo durante estos meses, que no han sido pocas, https://t.co/jso7dQEuOZ pic.twitter.com/INjO3CCbsu
SILENCIO SINDICAL
Os recursos que Castiñeira fixo contra esa sanción foron debatidos nunha "Comisión periférica de seguimento", onde está a Xunta e todos os sindicatos. Esa comisión, que ten a potestade de facer propostas vinculantes, acordou por unanimidade desestimar as súas alegacións inicialmente sabendo do inxusto da situación. Un acordo que se fixo co consentimento de todas as grandes centrais sindicais.
Héctor Castiñeira é un divulgador do mundo sanitario e activo usuario de redes sociais. Baixo o nome de "Enfermera Saturada" ten unha conta de tuiter con 200,900 seguidores na que vai relatando os problemas aos que se enfronta día a día o sector sanitario en Galicia.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
3 MoineOs sindicatos som hoje aparatos de gestom de conflictos ao serviço do sistema; por ende, da patronal. Todo o demais som lilailas para enganar aos parvos.
1 aí o tes....Concordo ... pero a diferencia, con determinados partidos que só os máis parvos seguen votando por eles...., é que os sindicatos no seu cinismo máis absoluto seguen presentándose en sociedade como defensores dos traballadores .... este cinismo no eido da administración pública é abrumador.... entre estes moinantes e os medios de comunicación chupópteros de cartos públicos non hai opción....
2 parabéns....Parbéns pola loita en solitario.... esto ten un nome e chámase fascismo... institucionalizado pero fascismo igualmente... Non me asustan os que delinquen... o que é rastrero e absolutamente mezquino é que unha institución que ten que defenderte como son os sindicatos estén do lado do que oprime... lamentable comportamento como suele ser habitual dos sindicatos.... si fixeran o seu traballo non terían alfombra roxa esta xentuza.... pero que ven viven algúns....
1 GamelaEstá claro que son os xestores do Sergas os Administradores de Morte en Galicia ! Dende o Conselleiro ata o último TREPA dentro do Sistema están machacando día sí e día tamén aos profesionais sanitarios... Noraboa por esta pírrica vitoria administrativa ! Pero se comezáramos a visitar os Xulgados de Garda, mellor nos iría a todas ! Especialmente cando a Fiscalía desperte do seu soño profundo en mans dun Goberno Oportunista...¿Gústache esta noticia?
- Atopan dúas mochilas con 21 quilos de cocaína nun buque carboeiro atracado no porto exterior de Ferrol
- Rescatan unha embarcación que quedou á deriva na Illa de Arousa
- Fortes chuvias en Ourense e inundacións na capital lucense
- A vítima de Oia tivo 56 intervencións para protexela, unha delas "moi recentemente"
- O delegado do Goberno fala de asasinato machista en Oia aínda que non foi declarado oficialmente
- Novo accidente dun ciclista en Lalín