A creación de empresas en Galicia sobe un 5,6%

Case a metade son da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

A creación de sociedades mercantís en Galicia subiu un 5,6% en febreiro, en comparación co mesmo mes de 2022, ata situarse nas 396 compañías, 21 máis que hai un ano e 35 máis que en xaneiro, segundo a Explotación do Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme) publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e recollida por Europa Press.

En concreto, desta cifra 175 empresas foron constituídas na Coruña, supondo o 44,19% do total. Pontevedra contabilizou 149 novas compañías, seguida de Ourense, con 44, e de Lugo, con 28.

En canto a sectores, o 23,48% das firmas creadas en febreiro pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia foron a hostalaría (co 15,15% das empresas constituídas), a construción (11,62%), as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (10,61%) e o resto de servizos (10,61%).

As sociedades constituídas en febreiro desembolsaron un capital total de 20,2 millóns de euros, un 39,26% menos que hai un ano e un 31,3% menos que en xaneiro de 2023. "A presenza do sexo masculino segue sendo maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 357 socios fronte a 130 socias en febreiro de 2023", engadiu o IGE.

Comercio galego.
Comercio galego. | Fonte: FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta