As confrarías de Mugardos e Barallobre non poderán acollerse ao paro biolóxico na ría de Ferrol

O patrón maior do depósito de Barallobre, Jorge López, explicou que a esta medida só poderían acollerse "un 20% dos 120 socios".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

Representantes da confraría de Mugardos e da Santiago Apóstolo de Barallobre, en Fene, trasladou a súa "resignación" tras manter este venres unha reunión con representantes da Consellería do Mar para estudar as posibilidades de acollerse a un paro biolóxico na ría de Ferrol nun contexto de baixa produción marisqueira nos bancos.

Tras o encontro, no que participaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, o patrón maior do depósito de Barallobre, Jorge López, explicou que a esta medida só poderían acollerse "un 20% dos 120 socios".

Así, en declaracións a Europa Press precisou que "terceiras listas e marisqueiro a pé" deberían de ter traballo mínimo de 120 días nos últimos dous anos; mentres que os tripulantes deberían de acollerse a un ERTE.

López incidiu que o principal problema que se atopan os profesionais do mar na ría de Ferrol é a falta de produto. Ademais, sostivo que a Xunta "está a tratar de atallar o problema" e de "rexenerar os bancos". Con todo, sinalou que xa levan cinco anos e que "a cousa non mellora".

Marisqueo. USC - Arquivo
Marisqueo. USC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta