Axudas de 8,6 millóns de euros para a venda de produtos agrarios e forestais

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A comercialización de produtos agrarios e forestais contará, a partir de agora, cunha axuda. Trátase dunha convocatoria de axudas de 8,6 millóns de euros cofinanciadas con fondos europeos para fomentar a transformación.

A orde da Consellería de Medio Rural e do Mar ten como finalidade incentivar investimentos para modernizar instalacións do sector para facelo máis competitivo, sinala a Xunta nun comunicado.

Tales investimentos deberán efectuarse na súa totalidade antes do 10 de outubro deste ano, segundo establece a citada convocatoria de axudas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta