Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2023 | Actualizada ás 19:10
O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, asegurou que a formación está preparada para "un gran triunfo" nas municipais do próximo 28 de maio, cita que será a "antesala da vitoria" nas eleccións xerais que determinarán a presidencia do ourensán Alberto Núñez Feijóo.
Así o destacou nun comunicado remitido aos medios este luns con motivo da súa participación en Madrid na reunión do Comité Executivo Nacional do PP, presidida polo presidente nacional, Alberto Núñez Feijoó.
Despois da reunión, Manuel Baltar puxo en valor o traballo e a planificación realizada polo PP de face ao 28M. "Somos a formación política coa maior capilaridade territorial e a máis próxima aos veciños, que atopan en nós o que somos, unha ferramenta de progreso coa capacidade e o músculo para transformar os territorios desde os gobernos", apuntou.
Baltar pon en valor o "gran equipo" do PP, "plural e con atractivo para seguir sumando talento, incorporando a persoas con capacidade para ampliar a base social deste proxecto político". Ademais, felicitou os nomeamentos no Comité Executivo Nacional, aprobados este luns a proposta do presidente nacional, a Carmen Fúnez --nova vicesecretaria de Políticas Sociais e Reto Demográfico-, Borja Sémper -novo vicesecretario de Cultura e Sociedade Aberta- e Carmen Navarro -nova vicesecretaria de Estudos-.
"Este é un partido perfectamente engrasado e conectado coa sociedade, en disposición de gobernar España nos próximos anos do século XXI", remarcou o presidente provincial do PP de Ourense, que dixo que desde a provincia contribuirán cun gran resultado tanto nos comicios locais como nas próximas xerais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.