Ethel Vázquez culpa ao PSOE dos atrasos na transferencia da AP-9

Acusa aos socialistas de "castigar" aos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2023 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez culpou ao PSOE do atraso na tramitación da lei para a transferencia da AP-9 e acusou de "castigar aos galegos, rexeitando practicamente o debate de transferencia da AP-9".

Concretamente, o Congreso retomou este mércores o relatorio creado en setembro de 2021 para tramitar a proposición de lei que enviou o Parlamento galego para transferir á Xunta a titularidade e competencias da autoestrada, pero os grupos que asistiron á reunión limitáronse a expor as súas posicións de partida e quedaron en empezar a discutir as emendas --de PSOE e PP, fundamentalmente-- a finais de marzo.

"Lamentamos que leve tanto tempo sen debaterse esta transferencia de titularidade da AP-9, dixo Vázquez Mourelle, quen lembrou que se trata dun acordo parlamentario unánime en Galicia. "Cando chega a hora da verdade, vemos que o Partido Socialista rebaixa esa petición de transferencia", lamentou a conselleira de Infraestruturas sobre unha reclamación que non é a primeira vez que chega ao Congreso e que o Goberno de Mariano Rajoy vetou debater na Cámara Baixa.

Nas súas declaracións aos medios este xoves, Ethel Vázquez insistiu en que o PSOE "castiga aos galegos rexeitando practicamente este debate". Fronte a iso, afirmou que a Xunta de Galicia "seguirá defendendo" a transferencia "pedindo que veña acompañada de recursos necesarios para unha correcta explotación e tamén de recursos económicos para a execución das obras pendentes".

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez / Carlos Luján - Europa Press. / Europa Press
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez / Carlos Luján - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta