Por que morreron Galicia Hoxe e Xornal de Galicia?

Xosé Manuel Beiras acusa directamente ao PP de presionar a empresarios e grupos mediáticos para rematar con estes xornais. Carmen Iglesias critica aos "medios do réxime" por ocultar os casos de corrupción do PP.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/01/2015 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Non estaba no guión, pero xurdiu e formou parte do espectáculo da Cámara galega. A morte do xornal en galego Galicia Hoxe, do grupo El Correo Gallego, e do bilingüe Xornal de Galicia, a pesar de acontencer fai varios anos, estiveron presentes no debate sobre a corrupción en Galicia. E todo, pola explicación e as acusacións que o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, fixo contra o PP.

Rajoy no Moropa
Rajoy no Moropa

Beiras acusou directamente ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, e ao da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de ser os responsables directos do peche destes xornais. Así, facendo paralelismos entre fotos comprometidas, lembrou, que a de Feijóo  co narco Marcial Dorado nun barco, non tivo o mesmo efecto que a “moito menor” de Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta, con Jacinto Rey, propietario do Grupo San José, nun iate propiedade do segundo.

Precisamente, esta relación entre fotos en barcos, deu lugar á terceira conexión que fixo Beiras; as instantáneas de Rajoy no Moropa, o buque dun narco arousán.  Unha imaxe que, segundo dixo, provocou a caída do entón director do Xornal de Galicia, José Luis Gómez. “Rajoy chamou a Jacinto Rey –propietario da cabeceira—e suxeriulle que como non lle servira a súa cabeza nunhabandexa igual tiña problemas con futuras contratas cando chegara ao poder…Non tardou, entón, en chegar este despido e, pouco despois, o peche do medio”, relatou.

O líder de AGE tamén falou de presións políticas do PP para explicar o peche de Galicia Hoxe, o medio en galego do grupo El Correo Gallego e no que el colaboraba. “Desde a Xunta de Feijóo xa advertiron que non ía a haber subvencións e mesmo lle suxeriron como mantiñan un medio así, pouco importante… Acabaron por pechalo”, criticou ao responsabilizar á Xunta de non apoiar aos medios en galego.

Non foi Beiras o único de falar de medios e xornalistas. Carmen Iglesias, do Grupo Mixto, acusou aos “medios do réxime” e a algúns xornalistas de estar “ao servizo do poder” para edulcorar as novas que teñen que ver coa corrupción no PP.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa
Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

Unha crítica que rebatiu o propio Feijóo lembrando que, precisamente, os principais casos de corrupción que se coñecen en Galicia é “grazas aos medios de comunicación”. Por iso, afeou á deputada que se metera e criticara a algún xornalistas e medios do país.

Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

12 Santi ya no puede

La Voz tamén vai fechar, está arruinadita.

11 Remo

Pp = mafia = la voz antigallega = ilegalizacion

10 Gamela

E falando dos TRES BISPOS acaba de resucitar Anxo Quintana coa súa Revolta Cívica... Logo de pasar 3 anos á sombra de Jacinto Rey agora seica fai chamamentos á cidadanía para SOBREVIVIR ?

9 Agustin N.

O pp esta relacionado co narcotraficantres desde frijolito... e que facia señor da reboraida do age, do asunto nada teatro... non e sesión parlamentaria e sesión teatral puro teatro do abusurdo e demencial. PODEMOS!

8 vieiras o bloque esta cerrado

os xornais apoian o BNG enton os destruiron... pero que tonterias di o -vieiras cando era beiras non decia tantas parvadas, estara xa vello de mais, as neuronas estar desmielificandose nos axons nos corpos neuronais... -vieiras o seu e de 4 de eso, mellor dito e de parvolarios jaliña azul!!! NUNCA VOLTAR O BLOQUE CORVO DO INFORTUNIO