Por que morreron Galicia Hoxe e Xornal de Galicia?

Xosé Manuel Beiras acusa directamente ao PP de presionar a empresarios e grupos mediáticos para rematar con estes xornais. Carmen Iglesias critica aos "medios do réxime" por ocultar os casos de corrupción do PP.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/01/2015 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Non estaba no guión, pero xurdiu e formou parte do espectáculo da Cámara galega. A morte do xornal en galego Galicia Hoxe, do grupo El Correo Gallego, e do bilingüe Xornal de Galicia, a pesar de acontencer fai varios anos, estiveron presentes no debate sobre a corrupción en Galicia. E todo, pola explicación e as acusacións que o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, fixo contra o PP.

Rajoy no Moropa
Rajoy no Moropa

Beiras acusou directamente ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, e ao da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de ser os responsables directos do peche destes xornais. Así, facendo paralelismos entre fotos comprometidas, lembrou, que a de Feijóo  co narco Marcial Dorado nun barco, non tivo o mesmo efecto que a “moito menor” de Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta, con Jacinto Rey, propietario do Grupo San José, nun iate propiedade do segundo.

Precisamente, esta relación entre fotos en barcos, deu lugar á terceira conexión que fixo Beiras; as instantáneas de Rajoy no Moropa, o buque dun narco arousán.  Unha imaxe que, segundo dixo, provocou a caída do entón director do Xornal de Galicia, José Luis Gómez. “Rajoy chamou a Jacinto Rey –propietario da cabeceira—e suxeriulle que como non lle servira a súa cabeza nunhabandexa igual tiña problemas con futuras contratas cando chegara ao poder…Non tardou, entón, en chegar este despido e, pouco despois, o peche do medio”, relatou.

O líder de AGE tamén falou de presións políticas do PP para explicar o peche de Galicia Hoxe, o medio en galego do grupo El Correo Gallego e no que el colaboraba. “Desde a Xunta de Feijóo xa advertiron que non ía a haber subvencións e mesmo lle suxeriron como mantiñan un medio así, pouco importante… Acabaron por pechalo”, criticou ao responsabilizar á Xunta de non apoiar aos medios en galego.

Non foi Beiras o único de falar de medios e xornalistas. Carmen Iglesias, do Grupo Mixto, acusou aos “medios do réxime” e a algúns xornalistas de estar “ao servizo do poder” para edulcorar as novas que teñen que ver coa corrupción no PP.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa
Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

Unha crítica que rebatiu o propio Feijóo lembrando que, precisamente, os principais casos de corrupción que se coñecen en Galicia é “grazas aos medios de comunicación”. Por iso, afeou á deputada que se metera e criticara a algún xornalistas e medios do país.

Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

2 Birrias Fora

O desvergonzado Birrias debería sacar as suas sucias e expañolentas mans do nome de Anxo Quintana. Para fotos as do vello Birrias ceando con Fraga ou compartindo coctails no clube iñas do señor de Sabón e o plutarca de Zara.

1 DigoEu

¿Anxo Quintana? Ese matado non vale nin para limparlle o cu a Beiras. Nin sabe falar galego nin é de esquerdas e ademais foi vicepresidente dun magoante "bipartito" co PSOE que o fixo tan mal que volveu o PP, o cal é mostra evidente de INCOMPETENCIA.

2 DigoEu

Precisamente con Quintana comezou a caída en picado do BNG en votos, e alcanzara o seu cume precisamente con Beiras. Así que aprende a falar sabendo o que dis ou cala a boca.

3 STOP VIEIRAS STOP CORVO

-vieiras principe dos farsantes e corvido negro do infortunio, a sua ultima interpretación no parlamentiño galego foi de vergonza allea cando aludiu o presidente ladrond de aznar e o puxo de exemplo no parlamentiño... eu xa digo, os xornais viven da publicidade non dos lectores, os lectores os prostituen vendedoos as empresas de publicidade e existe moito de politica nos medios, mesmo o xornal que apupou no as censo de hitler o volkiserh beobatcher - o observador popular non tiña mais que deficits pero estaba apoiado polo gran capital que metian inxentes cantidades de cartos, os xornais señor -vieiras afundironse por apoiar o bloque nacional galego BNG, polo tanto non sabemos por que di unha cousa e cala otra, e o sabe, hoxe en día o -vieirismo e burguesia e reacción que soamente favorece o partido peperolo, VOTAR -VIEIRAS E VOTAR PP E RUINA DA GALIZA

1 El buen Nicolás Ito

Pues esos periódicos murieron, tras consumir inútilmente ingentes recursos de todos, porque la gente no está por leer información en gallego, especialmente si esa información es enfermizamente identitaria.

1 elgallegonoselee

Totalmente de acuerdo ¿Qué audiencia tienen los medios digitales en gallego? Por la publicidad que tienen no parece que pasen de un volumen residual. Si encima van de radicaliños, la gente no los considera serios, máxime en una comunidad de siempre conservadora como la gallega.

2 Nicolás Ito

Hombre, se agradece que alguien en este foro coincida conmigo y que además sea un persona educada y con un español culto, lo cual contrasta con el resto de los foreros, que sólo tienen en común el uso del insulto como "argumento" y el empleo de variedades dialectales del gallego, del galizo o del portugués de personal creación, e inintelegibles para el común de los ciudadanos de esta bonita región española.

3 Xan

Que magoa da a xente consumida polo odio, o fanatismo, o insulto e a mala educación. Unha pena ver que hai xente así, o meu pésame.

4 Bonmatuit

Xan, regra de ouro, non dar azos ós trolls respondendo.

5 anonimo 5

nicolas sito se ve por tus palabras que no eres gallego pero que estas comiendo en nuestra comunidad porque en la tuya eras un muerto de hambre y os joroba como al resto de españoles que los gallegos tengan un idioma propio no como los castejanos que no teneis nada un idioma inventado por unos curas en un convento

6 Chandasbolas

Pues no, Ghlory, te soy de Cacheiras, a donde sólo voy a casa cuando no doy hecho lo que me aprendieron en la escuela. Hoy me voy ir a cama después de cenar unos espadetes luego de aparcar el cameón tras del trator y saludar a tu abuela que está a ser ayudada en el cortello por el cura a mugir a boca al porco celta o celtiña, asegún quieras. Justos que tiene la vieja. A las veces me olvidé de quiénes inventaron el dialeto y pienso de que fue un animal de pezuña hendida.

7 Latinsmasher

Nicolasito, don't be so douche and stop using that stinking dialect. It's so lame.

8 José Tojeiro

A ti también te botaron droja en el colacao? porque contestarse a si mesmo...en fin. Faite mirar, non esperes a estar en desacordo, co antes comentado.

9 Un que sabe do que fala

Asegurar que os galegos non len prensa en galego sen coñecer o tema nin polo forro é de iñorantes, féridos e duros. Si se le en galego, podo confirmalo con datos.Outrra cousa é que os medios en galego ningún, practricamente, saben dicir "sí, señor; o que vdwe. mande. Ese é o problema.

10 anonimo 5

chandasbolas tu ignorancia te responde y tu castejano es impuesto si no no lo aprende ni el tato ya que ahora todo es ingles ignorante

11 Havelock_the_Dane

A ver, para o que se interese pola verdade, aquí o que se fala non é da imposición do galego, fálase da imposición do castelán de xeito oculto (non para Beiras por certo ), "asqueroso" e cobarde, coma sempre fixeron os Pilinguis. Porén, sabendo iso, ¿qué é o que fan os isolatas? ¿Dónde están nesta nova os "comunistas independentistas"a protestar? ¿Non vedes o que son eses dous?, ¿sei que non vedes a quén fan o xogo estes dous tipos de lixo que andan por este foro?¡Deus! ¡e que hai que ser parvos para non ver adónde van estes trolls PPsoeiros! Latinsmasher, starting your english lessons: You're using a "patois" dialect of Norman, French and Saxon, among others. Make a life and give advice to the breakpool-heads somewhere in Andalusia, fucking neocon moron.

12 Bonmatuit

Glory Hole só ten unha ou dúas monas de axudante que escriben nestes diarios pra trolear e cobran por horas, miña pobre. Que vaia pedi-la subvención dos 7000€ por estudaren os nenos en el idioma de la libertaz e que peche ao saír.