Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2023 | Actualizada ás 11:35
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou este venres de catro novos falecidos con coronavirus, o que eleva a 4.091 os mortos con esta doenza desde o inicio da pandemia en Galicia.
En concreto, o mércores contabilizáronse tres falecidos. Un home de 76 anos na área sanitaria de Ferrol e dúas mulleres de 92 e 88 anos, respectivamente, das áreas sanitarias da Coruña e Cee e de Pontevedra e O Salnés.
Así mesmo, o xoves morreu un home de 88 anos tamén de Ferrol. Todas estas persoas tiñan patoloxías previas, segundo indicou a Xunta nun comunicado.
Pola súa banda, desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas) detallaron que na actualidade hai en Galicia 1.301 casos activos de covid, 31 máis que hai un día. Ata as 18,00 horas deste xoves había 5 pacientes na UCI (-1) e 189 en unidades de hospitalización (-6).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.