Un 'Monopoly da Igualdade', gañador dun concurso de xoguetes non sexistas

Os escolares tiveron que deseñar e fabricar xoguetes igualitarios e non violentos

Por E.P. | Pontevedra | 20/03/2023 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O 'Monopoly da Igualdade' elaborado polo alumnado de 3ºB de Primaria do CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade (Soutomaior) gañou o concurso convocado pola Deputación de Pontevedra no marco da campaña 'Grazas, Xoguetes', no que os escolares tiveron que deseñar e fabricar xoguetes orixinais, creativos, igualitarios e non violentos, sen límites nin estereotipos de xénero e con materiais reciclados e reutilizados.

A entrega de premios tivo lugar este luns no Salón de Plenos do Pazo Provincial. No acto tamén foron galardoadas as propostas 'As creacións artísticas' do alumnado de 4º de Primaria do CEIP Virxe do Rocío de Vigo e 'Xogo de cartas non competitivo', de 3º de Primaria do CEIP A Sangriña da Guarda.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que tentarán converter estes prototipos en xogos para repartilos entre todos os centros de educación da provincia. No seu discurso, incidiu no poder que teñen os xoguetes e os xogos para configurar a personalidade e na elección de futuras profesións, como "un elemento de aprendizaxe moi importante".

Entrega de premios, onde resultou gañador o 'Monopoly Igualdade
Entrega de premios, onde resultou gañador o 'Monopoly Igualdade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta