A taxa de fraude ao seguro duplicouse en Galicia nunha década

Houbo un repunte significativo no 2020, coincidindo coa pandemia

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/03/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A taxa de fraude ao seguro en Galicia pasou do 0,94% ao 2,14% na última década. Esta é unha das principais conclusións da X edición do Mapa AXA da fraude en España. Un estudo que cumpre unha década, e co que a aseguradora trata de lanzar luz a unha práctica delituosa que, en ocasións, foi socialmente tolerada, pero que deixa tras de si unha serie de consecuencias negativas.

fraude
fraude

En España no seu conxunto a taxa dobrouse no últimos dez anos, pasando do 0,95% en 2012, ao 1,95% en 2022. O crecemento foi constante, cun repunte especialmente significativo no ano 2020, coincidindo coa pandemia de Covid19 e o confinamento obrigado en todo o territorio nacional. Nos anos posteriores, moderouse.

A conselleira delegada de AXA España, Olga Sánchez, asegura na X edición do informe que “houbo un tempo en que se consideraba que falar de fraude era un acicate para os potenciais defraudadores. Non compartiamos esa visión. Pensamos que era un problema social e económico que había que poñer sobre a mesa".

A ciencia dos datos, inexistente ata fai pouco, evitou o ano pasado máis de 7,5 millóns de euros en pagos fraudulentos. Outras aportacións do estudo sinalan que en máis da metade dos casos, o asegurado intenta introducir nun sinistro real danos que non teñen nada que ver co suceso.

Neste últimos dez anos, as cidades autónomas de Ceuta e Melilla son as que máis repetiron coas maiores taxas, superando os dous díxitos. No lado oposto da táboa, Madrid, Cataluña e País Vasco, son as Comunidades que máis aparecen entre aquelas con menor taxa de fraude no últimos dez anos. Nalgúns anos, con datos do 0,5%, podería dicirse que en número de casos, a fraude é case inexistente nestas rexións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta