Investigadores da USC lideran un proxecto para dar a coñecer os riscos do radon á sociedade

Constitúe a primeira causa de morte por cancro de pulmón entre as persoas non fumadoras

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/03/2023 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O grupo de investición da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Novos Medios liderará ata 2024 un proxecto para propor accións de comunicación dirixidas os diferentes sectores da sociedade, especialmente nas comunidades autónomas con maior incidencia como é o caso de Galicia.

Segundo indicou a USC nun comunicado, este proxecto, financiado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN), está encabezado pola profesora Berta García Orosa e levará a cabo desde un enfoque holístico.

Desta forma, lembraron que o radon é un gas radioactivo natural procedente da cadea de desintegración do uranio, ubicuo na natureza, pero que constitúe a primeira causa de morte por cancro de pulmón entre as persoas non fumadoras.

Así, a USC sinalou que o interese deste traballo radica precisamente no desenvolvemento de accións de comunicación que permitan á sociedade coñecer os riscos da exposición ao radon, por exemplo, como as redes sociais veñen considerándose desde hai un tempo espazos útiles para a difusión de información sanitaria.

Radon
Radon | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta