Un incendio calcina por completo un piso en Ourense

Non houbo feridos e tiveron que desaloxar aos veciños da segunda planta e do baixo

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 25/03/2023 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

Un incendio calcinou por completo na mañá deste sábado un piso situado na Rúa das Camelias da cidade de Ourense. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, foi un particular o que contactou cos servizos de emerxencias ao fío das 6.00 horas da mañá para indicar ardía unha vivenda do terceiro piso do inmoble.

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Ourense, que tiveron que desaloxar aos veciños da segunda planta e do baixo, aínda que ningunha persoa resultou ferida. No operativo tamén participaron efectivos de Policía Local.

ARDE UN ALPENDRE EN NARÓN

Por outra banda, os Bombeiros de Narón (A Coruña) interviñeron na noite deste venres para sufocar un incendio que calcinou un alpendre anexo a unha vivenda na parroquia de Doso.

Como consecuencia das chamas, ardeu por completo a construción, na que se almacenaba leña, mobles e diversos aveños, sen que se rexistrasen danos persoais. Ademais, o lume tamén afectou á fachada da casa e unha pequena cantidade de fume entrou na vivenda.

Outro incendio, esta vez na mañá deste sábado, afectou ao cadro eléctrico dun local de hostalaría de Sanxenxo, situado no Paseo da Praia de Silgar. Tampouco houbo danos persoais.

Uns minutos antes das 09,00 horas, os efectivos do GES de Sanxenxo contactaban co 112 para alertar do lume. Segundo indicaban, saían cara ao lugar do incendio a petición da Policía Local. Tamén foron mobilizados os Bombeiros de Ribadumia.

Sede 112
Sede 112 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta