Os centros de HM Hospitais atenderon en Galicia no 2022 máis de 100.000 urxencias

Tamén realizaron máis de 358.800 consultas externas e 18.736 altas hospitalarias

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O catro centros e tres policlínicos do grupo HM Hospitais en Galicia realizaron o pasado ano máis de 358.800 consultas externas, atenderon 111.100 urxencias, houbo 1.156 nacementos e efectuáronse máis de 18.300 cirurxías.

Así figura no balance de 2022 difundido este luns polo grupo sanitario, que ten en Galicia o segundo territorio en volume de actividade asistencial. Ademais, os centros de HM na Comunidade galega levaron a cabo 18.736 altas hospitalarias, 1,6 millóns de estudos de laboratorio e máis de 169.700 estudos radiológicos.

A nivel estatal, realizáronse algo máis de 3,7 millóns de consultas externas, o que implica un incremento substancial do 6,5%. Así mesmo, atenderon máis de 700.000 urxencias, un 12,4% máis que o exercicio anterior.

"Estas cifras denotan que os nosos servizos sanitarios son cada vez máis demandados pola sociedade. Os factores que posibilitan esta realidade son múltiples. Os principais residen na calidade asistencial que ofrece o arupo grazas aos nosos profesionais sanitarios e a nosa tecnoloxía sanitaria de vangarda. En HM Hospitais apostamos como eixo fundamental da nosa filosofía empresarial o ofrecer a mellor asistencia sanitaria posible, da forma máis eficiente e segura, feito que redunda en beneficio dos usuarios", destacou o presidente de HM Hospitais, Dr. Juan Abarca Cidón.

HM A Rosaleda, en Santiago. HM HOSPITAIS
HM A Rosaleda, en Santiago. HM HOSPITAIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta