Un disco saca á luz cinco poemas inéditos de Xosé Velo

O acto inclúe unha conferencia sobre a figura política de Velo a cargo de Uxío-Breogán Diéguez

Por Galicia Confidencial | Ourense | 28/03/2023 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O Comité de Memoria da Comarca de Celanova, en colaboración coa Fundación Moncho Reboiras, organiza un concerto de presentación do disco 'Adiante - A palabra de Xosé Velo' no que o músico Sindo Otero ofrece versións de cinco poemas inéditos de Xosé Velo.

Camila Álvarez, a voz
Camila Álvarez, a voz

No concerto, que será de balde este sábado no Auditorio Municipal de Celanova, Sindo Otero estará acompañado por Miguel Ábalo e dous músicos celanoveses, Camila Álvarez (voz) e Jorge González (piano). A edición do disco tamén inclúe un texto de Xosé Luis Méndez-Ferrín elaborado para a ocasión polo autor de Vilanova dos Infantes. 

Ademais, o acto tamén inclúe unha conferencia sobre a figura política de Xosé Velo a cargo do doutor en Historia Contemporánea Uxío-Breogán Diéguez, que é director de 'Murguía, Revista Galega de Historia' desde a súa fundación no 2003.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta