Taballadores de Einsa maniféstanse nas Pontes para reclamar incrementos salariais

Denuncian que levan desde o 2012 con eles "conxelados" e reclaman "unha solución" para o sistema de quendas e vacacións

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 29/03/2023 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

Un centenar de traballadores das empresas Einsa Print e Einsa Sourcing, ambas pertencentes ao mesmo grupo empresarial e con centro de traballo no polígono de Penapurreira, nas Pontes, manifestáronse por varias avenidas e rúas desta localidade para demandar á dirección un incremento nos salarios.

Aseguran que levan desde o 2012 "con eles conxelados" e reclaman tamén "unha solución para o sistema de quendas e vacacións que permitan conciliar correctamente", tal e como detallou o presidente do comité de empresa, Daniel Pena (CIG), en declaracións a Europa Press.

O representante sindical informou dunha reunión coa dirección da empresa, "xa que dixeron que querían falar da negociación e tamén presentar uns calendarios con vacacións para as máquinas que faltaban, pero realmente non quixeron falar do resto de vacacións nunha negociación na que xa non deixaron nada en acta". "Estaba todo supeditado a que nós aceptásemos un sistema de vacacións", criticou.

Pena detallou que ante este escenario "probablemente" convocarán aos traballadores para o 5 de abril, cando teñen dúas conciliacións "por un tema de demandas dos calendarios, que presentaron anteriormente".

Nesa cita exporase aos operarios algunhas medidas, xa que "polo momento non hai nada planeado, pero a intención é seguir adiante", con máis medidas de protesta, "ata que se desbloqueen as negociacións".

Concentración dos traballadores en Einsa nas Pontes (A Coruña)
Concentración dos traballadores en Einsa nas Pontes (A Coruña) | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta