Epopeia de 50 pasaxeiros "tirados" por Iberia tras quedar atrapados nos incendios de Asturias

Tiñan que ter chegado a Santiago no voo de Bilbao das 17.00 horas e non chegarán á capital galega ata a mañá deste venres. Vielo IB8356

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/03/2023 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Medio cento de pasaxeiros que cubrían a ruta de Iberia de Bilbao a Santiago denuncian que foron "abandonados" pola compañía aérea en Asturias tras ter que desviar o voo, o IB8256, ao aeroporto desta comunidade pola mala climatoloxía que había en Galicia na tarde deste xoves.

Avión de Iberia
Avión de Iberia | Fonte: IBERIA

Pero o que se supuña que era un problema "técnico" empeorou aínda máis porque tras ser embarcados nun autobús para seguir o camiño cara Galicia vironse doblemente afectados polos grandes lumes que arrasan Asturias e non puideron continuar a súa viaxe prevista.

"É surrealista o que nos pasou. Deixáronnos tirados", comenta unha pasaxeira en declaracións a Galicia Confidencial ao denunciar o "total abandono" de Iberia. De feito, o autobús foi desviado a unha primeira gasolineira pero tiveron que dar media volta porque estaba rodeada polos incendios. A Garda Civil levounos a outra  gasolineira para "tentar beber e comer algo porque levabamos horas sen facelo".

Nesta segunda gasolineira, en Novellana, puideron tomar auga e cafés, tanto eles como os veciños evacuados de varias zonas afectados polos incendios. Moitos pasaxeiros, fartos da situación decidiron deixar o autobús e coller taxis de volta a Galicia, entre eles, familias con nenos pequenos.

Finalmente, un total de 14 pasaxeiros continuaron viaxe a Galicia pero foron desviados cara a León para entrar en Galicia polo Bierzo. Moitos deles anunciaron xa a presentación de queixas por esta surrealista viaxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta