Ferido un home de 53 anos ao caer desde un tellado no municipio ourensán da Mezquita

Foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense nun helicóptero medicalizado

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 31/03/2023 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Un home de 53 anos, con iniciais J.P.G, foi trasladado en helicóptero medicalizado polos servizos sanitarios tras caer desde o tellado dunha vivenda situada no lugar de Cádavos, no municipio ourensán da Mezquita.

Segundo trasladou o 112 Galicia, a central de emerxencias tivo coñecemento deste suceso minutos antes do mediodía deste venres. Así, deu aviso aos servizos sanitarios, á Garda Civil e a Protección Civil da Mezquita.

O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o punto unha ambulancia de soporte vital básico medicalizada cun equipo de Atención Primaria e, a continuación, desprazou tamén o helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que foi trasladado o ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Helicóptero medicalizado do 061
Helicóptero medicalizado do 061 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta