Galicia conquista o XIII Campionato dos Mellores Queixos de España

O queixo da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa de Lácteos Farelo é seleccionado como finalista do prestixioso concurso celebrado en Madrid

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/04/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Lácteos Farelos acaba de ser seleccionado como un dos cinco finalistas do XIII Campionato dos Mellores Queixos de España co seu queixo Arzúa-Ulloa, na categoría de vaca xove, despois de pasar por ata 60 catadores e competindo 830 queixos máis.

Queixo Arzúa-Ulloa de Lácteos Farelo. Lácteos Farelo
Queixo Arzúa-Ulloa de Lácteos Farelo. Lácteos Farelo

Nesta mesma categoría foron seleccionados outros queixos galegos como o Queixo Arzúa-Ulloa Granxa Beley do Consorcio Agroalimentario de Galicia, Dajosefa, de Fermentos Galegos, Fontelas Cremoso, de Piñeiro López Javier e o queixo de Tetilla de Lácteos Anzuxao.

O queixo de Lácteos Farelo eláborase na provincia de Pontevedra de maneira artesanal empregando leite de vaca de pastoreo alimentadas de maneira natural, seguindo a tradición marcada dende o ano 1984. A propia empresa defíneo como un queixo de textura cremosa que respeta e aproveita o produto de quilómetro cero.

A final terá lugar o vindeiro luns 17 de abril no marco do 36 Salón Gourmets. Alí, Lácteos Farelos terá o seu propio stand en colaboración co Consorcio Agroalimentario de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta