A USC, UDC e IndesIA promoverán a formación en 'big data' e Intelixencia Artificial

Por outra banda, un estudo da USC conclúe que a diversidade das características das especies altera o ciclo do carbono.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2023 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Univerdidade da Coruña (UD) e a asociación para o impulso da economía do dato e a intelixencia artificial na industria, IndesIA, promoverán a formación de profesionais en materias relacionadas con 'big data' e a Intelixencia Artificial (IA).

Segundo trasladou a USC nun comunicado, o obxectivo é impulsar a formación en novas tecnoloxías do estudiantado, a través da realización de diversas actividades como cursos, seminarios ou programas formativos, así como a participación das empresas asociadas de IndesIA para a realización e presentación de casos de uso dentro dos programas desenvolvidos dentro do acordo.

Deste xeito, o reitor da USC, Antonio López, afirmou que "a unión fortalece a capacidade para avanzar e para facelo de forma máis eficiente". Así, indicou que "sobre a base da cooperación poderase coñecer de primeira man as necesidades da industria nun campo que se atopa en plena ebulición".

Pola súa banda, o reitor da UDC, Julio Abalde puxo o foco "na habitual relación da universidade co sector empresarial para ofrecer unha mellor docencia universitaria, necesaria en todos vos ámbitos, e máis aínda en temas tan novos como os que abarcan a enxeñaría de datos e a intelixencia artificial".

Exposición de Intelixencia Artificial
Exposición de Intelixencia Artificial | Fonte: AFUNDACIÓN

INVESTIGACIÓN SOBRE O CICLO DE CARBONO

Os investigadores do grupo EcoPast da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Mar Sobral e Antonio Martínez Cortizo, levou a cabo un estudo no que conclúen que a diversidade das características das especies altera o ciclo do carbono.

Segundo trasladou a USC nun comunicado, esta investigación, publicada xunto a Matthias Schleuning, do Senckenberg Biodiversity and Climate Research Centre de Alemaña, profunda en como a diversidade de trazos das comunidades ecolóxicas está inherentemente vinculada ao ciclo do carbono.

"Os organismos cun tamaño corporal grande constitúen grandes reservas de carbono, mentres que os organismos de crecemento rápido soportan fluxos rápidos de carbono. Por tanto, as diferenzas nas características das especies que forman as comunidades ecolóxicas poden causar cambios no citado ciclo", apuntaron os investigadores no artigo publicado en Trends in Ecology and Evolution.

Deste xeito, afirmaron que a diversidade de características das comunidades ecolóxicas "está inherentemente vinculada ao ciclo do carbono". Así, indicaron que "ao propor esta idea, suxírese unha nova forma de vincular mecanicamente a diversidade de trazos das comunidades ecolóxicas e o ciclo do carbono".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta