A Mesa estará o 20 de abril no Intergrupo de linguas minorizadas do Parlamento europeo

A entidade denunciará a vulneración do principio de pluralidade lingüística e cultural contido na directiva europea por parte do Goberno español.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2023 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), e A Mesa pola Normalización Lingüística intervirán o vindeiro 20 de abril no Intergrupo de linguas minorizadas do Parlamento europeo, composto por eurodeputados de todos os grupos parlamentares (NI,PPE, Renew,ECR, Verds-ALE,ID e SD).

Parlamento Europeo.
Parlamento Europeo.

Soliña Barreiro por parte da USC, Xosé Lois Ledo en nome da Agapi e Marcos Maceira como portavoz da Mesa desprazaranse ata a Cámara europea para dar a coñecer as dificuldades que supón a nova lei audiovisual para a normalización do galego e para a supervivencia do sector audiovisual galego. Os tres intervintes instarán a que a resolución do Parlamento europeo sobre a aplicación da directiva europea garanta a igualdade de condicións para todas as linguas propias.

Segundo trasladou A Mesa pola Normalización Lingüística, o seu portavoz aproveitará a intervención para denunciar a vulneración do principio de pluralidade lingüística e cultural contido na directiva europea por parte do Goberno español, tanto na aprobación da Lei audiovisual como no incumprimento dos seus mínimos por CRTVE. Despois da comparecencia, Maceira e outros representantes da Mesa manterán un encontro co Secretariado do Consello de Europa para Carta Europea das Linguas na sede do organismo internacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta