Preto de 250 persoas veránse afectadas polo ERE da empresa Inelcom en Sarria

O alcalde de Sarria reúnese este mércores día 19 co comité para falar da destrución de emprego que suporá esta medida.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/04/2023 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O comité da empresa de contact center Inelcom reúnese este mércores 19 de abril ás 11,00 horas co alcalde de Sarria (Lugo) para trasladarlle a súa preocupación pola destrución de emprego, tras o anuncio do expediente de regulación (ERE) por parte da empresa, que afectará a 250 persoas das 400 que traballan en Sarria.

En declaracións a Europa Press, a presidenta do comité, Olga López, sinalou que polo momento dispoñen de pouca información, pois o ERE foi presentado o día 12 e teñen 15 días para formalizar a mesa negociadora. "Despois será cando a empresa nos teña que enviar a documentación para xustificar o ERE e un mes para negociar con eles", indica.

PRIMEIRAS REACIÓNS

Nun comunicado, CC.OO. advirte de que Inelcom é unha das firmas "máis grandes de Lugo por volume de persoal". Xunto co centro de Xativa (Valencia), suma máis de 500 persoas, segundo os seus datos, e respecto diso, apunta que o encontro co rexedor é o "primeiro acto" orgaizado co obxectivo de visibilizar o impacto que o ERE pode ter na comarca.

Inelcom en Sarria
Inelcom en Sarria | Fonte: paxinasgalegas.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta