O Intergrupo de Linguas da Eurocámara debaterá a pluralidade lingüística no sector audiovisual galego

O Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo considera que o sector audiovisual debe ser un campo de acción estratéxico para calquera política que busque a normalización das linguas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O Intergrupo de Linguas da Eurocámara debaterá este xoves sobre a pluralidade lingüística no sector audiovisual galego, segundo trasladou o BNG. A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, lamentou que a pesar de que "un dos obxectivos da Directiva Audiovisual da Unión Europea é garantir a pluralidade lingüística", obsérvase como en Galicia "non está garantida a igualdade".

Para debater esta cuestión, na xornada do Intergrupo participarán Marcos Maceira, presidente da Mesa Galega pola Normalización Lingüística; Xosé Lois Ledo Andión, vicepresidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi); e Soliña Barreiro, en representación do Grupo de Estudos audiovisuais da USC.

O Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo, integrado por eurodeputados e eurodeputadas de varios grupos da Eurocámara-, considera que o sector audiovisual debe ser un campo de acción estratéxico para calquera política que busque a normalización das linguas e por tanto "trátase dun tema de gran transcendencia parael sector audiovisual galego".

A delegación galega, na que participa tamén a deputada nacionalista Mercedes Queixas, será recibida pola eurodeputada do BNG e pola Alianza Libre Europea e manterá tamén unha reunión de traballo coa eurodeputada da ALE Diana Arriba. Ademais, no fin da xornada participarán nun encontro co Secretariado de Linguas Minorizadas e Rexionais do Consello de Europa.

Parlamento Europeo.
Parlamento Europeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta