Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 16:02
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución pola que se modifica o acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
De maneira concreta, modifícanse as condicións das figuras de persoal investigador predoutoral, que pode continuar unha vez superada a tese durante un ano como máximo, así como as do persoal investigador postdoctoral e o persoal investigador distinguido.
No caso do persoal investigador postdoctoral varía a duración mínima e máxima que poden ter os contratos subscritos baixo esa modalidade. Mentres que o en caso do persoal investigador distinguido cambia a relación co obxecto do contrato.
Así mesmo, a reforma establece unha indemnización por finalización do contrato tanto na categoría de persoal investigador predoutoral como no postdoctoral. Entre outras cousas, tamén sofren modificacións as retribucións destas categorías para "poder imputar o custo dos contratos laborais á actividade que os financia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.