O Eixo Atlántico di que é unha "tolemia" a competencia entre aeroportos galegos

Reclama unha coordinación entre Peinador, Lavacolla e Alvedro para que Galicia sexa “competitiva” e aposta por conexións con escalas para “conectarse co mundo” e non por destinos “de fin de semana”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/02/2015 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Coordinación e eficacia. Eses deben de ser os obxectivos dos tres aeroportos galegos para ser competitivos tras as numerosas disputas que existen entre as cidades galegas. Unha situación que provoca que un dos aeroportos máis demandados polos galegos para viaxar pola súa grande oferta sexa un portugués, o do Porto.

Publicidade en galego no aeroporto de Porto
Publicidade en galego no aeroporto de Porto | Fonte: @ourensan

Por iso, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, recomenda vincular os voos que operan no tres aeroportos galegos ás necesidades dos sectores exportadores e cinguir a programación a "unha lóxica de mercado".

Nunha entrevista coa Radio Galega, Vázquez Mao aconsellou unha remodelación dos aeroportos galegos e facelos “rendibles”. Por iso, convidou ás institucións locais e autonómicas a fuxir da idea de ter conexións “para pasar un fin de semana" como turistas ou para que os políticos se saquen a foto”.  "O mundo non está a un voo. Ten que estar a unha escala", suliñou.

"Antes de lanzarnos a estas tolemias", como competir entre as terminais galegas polos mesmos destinos, hai que "falar cos sectores exportadores", argumentou. Así, e para o caso de Vigo, dixo que antes que Londres habería que loitar por un voo a Frankfurt, pola súa conectividade con destinos prioritarios para a industria pesqueira, e Bruxelas, pola sede da Axencia Europea de Control da Pesca, así como reforzar a conexión con París por PSA.

En canto ao da Coruña, sinalou que o voo a Amsterdam "funcionaba moi ben", e con todo agora en Santiago de Compostela non ten a mesma demanda, e tamén bendixo a conexión vespertina de Alvedro con Lisboa polo uso que dela fai Inditex. Tamén fixo fincapé na "sorte inmensa" que para o aeroporto de Lavacolla supón a conexión con Istambul, "un dos grandes 'hub'", en especial con Oriente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Gamela

Eu o que RECLAMO é o cese inmediato de Vázquez Mao ao fronte desa cousa que ninguén sabe para que carallo serve chamada Eixo Atlántico. Xoán Vázquez Mao leva nin se sabe o tempo falando por falar, pero a Abel Caballero, en Vigo, nin lle chista! (Non vaia a ser o demo que caia en desgraza, ou...) Son estes "funcionarios" da cunquiña os que PARALIZAN calquera iniciativa para manterse chupando do BOTE !

1 quendixoouquedixo

Eu reclamo o cese inmediato de Rajoy, Caballero, a eliminación do PP, do PSOE, do sistema, do CNI, da NSA, dos trolls, da Faes. Reclamo subvencións públicas para a prensa independente para que non teña que dar noticias segundo o que lle digan os que financian...con moitas millores razóns ca ti. Doutra che conto o que me importa quen veña sendo o que di cousas tan atinadas.

1 aerovento

O que é unha tolemia e ter tres aeroportos con un chegaba, ese e o verdadeiro problema.

1 Localismo = espanholismo

Concordo totalmente. Tinhamos que ter o de labacolha BEM COMUNICADO CÓ RESTO DA GZ. Pero temos o problema combinado de dous elementos: A)- unha população ignorante por causa dos midia controlados pola Espanha, e mais B)- O nacionalismo espanhol na sua faceta de localismo, con caudilhos tipo Paco Vazques, Abel Caballero, e outros que tenhen que repartir o cacho e claro...

2 Localismofalangista

Veño decindo iso mesmo da COMUNICACIÓN por superficie cara a Labacolla dende hai mais de dous lustros. Esta situación estúpida, anormal e terceiro-mundista na que están as comunicacións de Galiza por autoestrada é o exempro paradigmático do que serve o PPsoe e Madrid, isto non o vai a arranxar NINGÚN goberno de Madrid, ten que vir un goberno nacionalista que leve a cero as pretensións de cobrar 5000 millóns de euros por recuperar a AP9, ao mesmo tempo que comunique Lavacolla por tren económico cas capitais de Galiza, e ademáis, unha estrada decente Vigo, Santiago, Coruña, que quite negocio á AP9 ou os faga fracasar dunha p. vez. Todo iso custaría probablemente menos que os setecentos millóns que levan gastados en Peinador e Albedro (sen incluir os incentivos que pagan ás aeroliñas).