Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/04/2023 | Actualizada ás 21:51
O pasado 20 de abril presentouse na Sala Capitol de Santiago de Compostela unha acción que axudará a promover as D.O. vitivinícolas galegas e que foi bautizada este ano como "Primavera de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia".
Impulsada dende Turismo de Galicia, esta iniciativa ten como obxectivo atraer xente aos diferentes territorios amparados das cinco D.O. galegas co reclamo dun amplo abano de actividades arredor do viño, o patrimonio --histórico e paisaxístico-- a gastronomía e o deporte.
A valdeorras correspnderalle abrir a veda sendo a comarca que primeiro celebre as súas xornadas da Primavera de Portas Abertas a fin de semana entre o 5 e o 7 de maio. A vicepresidenta da Ruta do Viño de Valdeorras, Montse Rodríguez, estivo en Compostela na presentación sinalando que "cada vez hai máis implicación por parte do sector hostaleiro e da restauración" e que "os visitantes convertiranse nos mellores embaixadores da nosa terra".
A Ruta do Viño de Valdeorras programou para a ocasión unhas 15 actividades que se poderán coñecer e nas que calquera interesada/o se poderá inscribir.
En relación ao resto de Denominacións de Orixe comentar que a do Ribeiro abrirá as súas portas a fin de semana do 12 ao 14 de maio; Rías Baixas do 19 ao 21; Ribeira Sacra do 26 ao 28; e xa para xuño quedará a D.O. de Monterrei con actividades programadas entre o 2 e o 4 dese mes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.