Traballadores de Urbaser en Narón realizan unha concentración horas antes de iniciar unha folga indefinida

Haberá unha reunión esta tarde mais se non se chega a un acordo os traballadores e traballadoras iniciarán unha folga indefinida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2023 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Os traballadores do servizo de limpeza viaria e de recollida de residuos sólidos urbanos no Concello de Narón, pertencentes á empresa Urbaser, secundaron no mediodía deste luns, desde as 14,00 horas, unha concentración ás portas do Consistorio para reclamar unha subida salarial. A mobilización prodúcese antes de iniciar unha folga indefinida que arrincará ás 5,00 horas deste martes.

O secretario de CIG-Servizos na comarca de Ferrol, Francisco Cartelle, detallou, en declaracións a Europa Press, que esta tarde haberá un encontro coa empresa, pero serán os empregados en asemblea os que terán "a última palabra".

De non alcanzarse ningún acordo iniciarase unha folga indefinida, ante o desacordo entre patronal e traballadores na negociación dun novo convenio colectivo, nun marco no que as principais diferenzas radican na subida salarial que reclama a parte social.

Cartelle aproveitou para "o tema dos servizos mínimos", que están situados no 50 por cento, unha cifra que ve "abusiva" porque "pon actividades que non son de primeira orde, como recoller cartón e vidro ou rozar". Ademais, quéixase de que o decreto da Alcaldía que os fixa "debe de ser secreto, xa que non os coñecemos".

DIFERENZAS

Cartelle manifestou que a dirección "quere conxelar os salarios dos traballadores durante os anos 2020, 2021, 2022 e ata agosto deste ano 2023, cando se aplicaría un incremento de 2,5% e un 2% no ano 2024".

Segundo advertiu, esta proposta faise "sen ningún tipo de cláusula de revisión salarial, o que supón na práctica que os traballadores perderían un 13% do poder adquisitivo", debido á subida do IPC durante isto anos.

Cartelle tamén lamentou que "non hai ningunha mellora que expoña Urbaser a nivel social que puidese paliar un pouco esa falta de incremento económico", nunha negociación que afecta a uns 50 operarios que compoñen a día de hoxe o actual persoal en Narón.

Os traballadores de Urbaser en Narón protestan ante o Concello.. CIG
Os traballadores de Urbaser en Narón protestan ante o Concello.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta