Santiago aprobará o martes o proxecto para a reurbanización do Campus Sur

Con esta actuación, o Concello de Santiago destacou que busca mellorar a mobilidade e accesibilidade da zona, aumentar os espazos peonís e reorganizar o acceso de vehículos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2023 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A xunta de goberno do Concello de Santiago prevé aprobar o vindeiro martes o proxecto de execución para a reurbanización do Campus Sur. Nun comunicado, o Consistorio explica que, cun prazo de execución de catro meses, o importe total ascende a 352.600 euros, centrando a actuación na Avenida da Coruña, na que se pretende mellorar a conectividade entre a Alameda e a Residencia de Estudantes.

Entre as principais actuacións, está o aumento dos espazos peonís, a reorganización do acceso de vehículos e a reordenación das zonas verdes e espazos vexetais. Con esta actuación, o Concello de Santiago destacou que busca mellorar a mobilidade e accesibilidade da zona, aumentar os espazos peonís e reorganizar o acceso de vehículos.

Cun investimento superior aos 350.000 euros, o Concello peonalizará a zona central do Campus Sur, pondo o valor o patrimonio histórico e acometendo unha reurbanización completa. Tamén se reordenarán os xardíns e zonas verdes, nunha actuación que pretende impulsar este espazo para o lecer dos veciños.

Trátase dunha operación vinculada á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado de Santiago de Compostela (EDUSI - Revive Compostela).

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, este luns en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, este luns en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta