Unha muller ferida despois de ser atropelada por un tractor en Silleda

O persoal do 112 solicitou a interención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado, no que a muller foi evacuada a un centro hospitalario.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/04/2023 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida tras ser atropelada por un tractor nunha leira da parroquia de Fiestras de Silleda, á beira do punto quilométrico 18 da EP-721.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular o que informou o accidente ás 17,30 horas.

Tras recibir o aviso, o persoal do 112 solicitou a interención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado, no que a muller foi evacuada a un centro hospitalario.

Ademais, tamén se pasou o aviso aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: CEDIDA - EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta