Marcos Méndez Moreira: "Sen xornalistas libres non teremos nunca unha sociedade libre”

O xornalista escribiu un manifesto onde pon de relevancia a profesión xornalítica polo Día Internacional da Liberdade de Prensa

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O xornalista Marcos Méndez Moreira, gañador do XIX Premio José Couso de Liberdade de Prensa escribiu un manifesto onde pon de relevancia a profesión xornalítica “que garante a democracia” polo Día Internacional da Liberdade de Prensa.

Imaxe recurso xornalista - Quiero ser líder
Imaxe recurso xornalista - Quiero ser líder

O xornalista destaca que na profesión “hai que ser molestos” porque “hai que contar a verdade que os poderosos non queren que se saiba”. Pero indica que isto provoca que intenten “calarnos” a través de “precariedade laboral, a falta de tempo para preparar as nosas informacións, as presións políticas ou económicas ou a degradación constante da profesión”.

No manifesto o xornalista tamén pon o foco da necesidade de seguir unha ética e unha deontoloxía e na necesidade de que nas universidades se ensine a “cuestionar todo”.” Se non nos cuestionamos todo non facemos ben o noso traballo, se non temos o tempo e os medios para facelo non nos están a deixar facer ben o noso traballo”, explica.

Sinala que hai que esixirlles ás universidades “unha formación de calidade, pausada, rigorosa, de moito pensar no noso traballo, no noso compromiso, no servizo ao que nos debemos entregar: a busca da verdade” e tamén aos que lexislan a “valorar esa educación”.

“Hoxe máis que nunca temos que protexer a nosa profesión, a liberdade. Temos que reclamar o noso sitio na sociedade. Sen unha prensa libre, sen xornalistas libres non teremos nunca unha sociedade libre”, finaliza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta