Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2023 | Actualizada ás 20:01
Un operario resultou falecido na tarde deste xoves en Curtis nun accidente laboral, ao caerlle encima unha árbore.
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17,00 horas no lugar de Outeiro do Pato, en Foxados, onde o home se atopaba traballando. Ao parecer, unha árbore caeu e golpeoulle a cabeza.
Ata a zona desprazáronse efectivos de Garda Civil, GES de Curtis e Protección Civil da localidade, así como unha dotación sanitaria do 061, que só puido certificar a morte do home.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.