O microcemento revoluciona as reformas e o deseño de interiores

Un material esta a redefinir as tendencias nas reformas de interiores nos últimos anos. Trátase do microcemento, unha fina (de entre dous e tres milímetros) mestura amasada de diversos produtos (cementos, polímeros, fibras e pigmentos colorantes) que permite cambiar chans en moi pouco tempo, evitando as tediosas reformas que poden interrumpir a actividade no fogar ou no lugar de traballo, provocando potencialmente perxuízos económicos.

Por GC Emprende | Ourense | 28/02/2015 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

A clave competitiva fundamental do microcemento, a que lle está a permitir gañar mercado, é que se pode aplicar sobre practicamente calquera revistemento anterior, coa exceptción do parqué. Como explican na web de Pavinor, unha empresa ourensana que traballa con este produto, pódese utilizar sobre chans ou outras superficies previas de pedra, mármol, pladur, gres, hormigón, yeso, cerámica e baldosa.

Baño construído con microcemento
Baño construído con microcemento | Fonte: wikipedia

Xa que non ten xuntas, senón que crea un espazo contínuo, vale tamén para instalar en cuartos de baño e outros lugares como as cociñas, nas que se traballa con líquidos. Incluso pódese aplicar para revistir a superficie do interior das piscinas e outros lugares de retención de líquidos. 

Ademais, no mercado existen unha gran variedade de pigmentos, que permiten escoller nunha enorme variedade de colores e texturas. En realidade, co microcemento o único límite á hora de deseñar a renovación ou a construcción dun espazo é a imaxinación que teña o arquitecto, o decorador de interiores, ou incluso nós mesmos.

E é que para aplicar este material podemos recurrir a un profesional (o prezo por metro cadrado habitual no mercado varía ao redor dos 60 euros), ou intentar facer a obra nós mesmos.  O xeito de aplicalo varía un pouco en función da superficie previa (podemos utilizalo tamén sobre paredes ou móbeis); pero en xeral non é un proceso excesivamente complicado, senón que está ao alcance de certas persoas, aqueles que se sintan seguros a miúdo realizando as súas propias pequenas reformas nos seus fogares. De feito, cun pouco de esforzo a través da Internet podemos atopar numerosísimos titoriais en vídeo sobre a mellor maneira de usar o microcemento conseguindo un acabado adecuado.

Chan construído con microcemento
Chan construído con microcemento | Fonte: wikipedia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Iriense

"...pedra, mármol, pladur, gres, hormigón, yeso, cerámica e baldosa". Ninguém traduziu isto??????? Fazei favor de corrigir!!!