A Xunta poderá obrigar a particulares a que poñan a súa disposición medios para apagar lumes

O anteproxecto co que traballa o Goberno galego permite o aproveitamento da madeira queimada e da caza, tres anos despois do incendio, "cos respectivos informes técnicos". Tamén creará grupos de voluntarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O anteproxecto de lei de loita integral contra os incendios fortestales de Galicia sométese a información pública e pode consultarse xa no portal de transparencia da Xunta. Entre outras novidades, prevé, no ámbito municipal, a creación de grupos de colaboración de vixilancia. Pero tamén recolle a posibilidade de que un particular teña que ceder medios técnicos para apagar un lume cando así o requiran os equipos de extinción.

Os grupos de colaboración, segundo recolle o texto, estarían formados "por persoas voluntarias que superen os requisitos de selección, formación e adestramento que se establezan, co obxectivo de colaborar na prevención e loita contra os incendios forestais". Haberán de ser recoñecidos pola consellería, segundo engade o anteproxecto, que se limita a indicar que "o procedemento e as condicións para o recoñecemento dos grupos de vixilancia municipal estableceranse reglamentariamente".

En relación con isto, con anterioridade, o anteproxecto establece que a dirección técnica de extinción dun incendio "poderá solicitar de calquera persoa, e dentro das súas posibilidades, a colaboración para a extinción do incendio e a achega dos medios técnicos dos que dispoña".

FRANXAS DE SEGURIDADE

O texto profunda no procedemento de "xestión da biomasa nas franxas de seguridade", na liña do avanzado pola Xunta nos últimos anos a través de diversas medidas incorporadas varios anos na lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta. O obxectivo é que estea "concluída, en todo caso, antes de que finalice o mes de maio de cada ano, procurando actuar con preferencia nas zonas de maior risco de incendios forestais".

Dous bombeiros forestais traballan para extinguir as chamas nun incendio forestal
Dous bombeiros forestais traballan para extinguir as chamas nun incendio forestal | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

No apartado de limitacións á actividade cinexética, o borrador indica que "excepcionalmente o órgano competente poderá autorizar os aproveitamentos nestes terreos con carácter previo ao transcurso do período de tres anos, cando existan razóns prevalentes debidamente xustificadas que o aconsellen e previo informe favorable da dirección xeral en materia de prevención e defensa contra os incendios". Tamén incorpora un apartado referido ao aproveitamento de madeira queimada, que requirirá "a autorización previa da xefatura territorial correspondente da consellería competente en materia forestal".

INVESTIGACIÓN, LANTERNAS CHINESAS

O texto prohibe lanzamento de lanternas chinesas en todo o territorio da comunidade, "excepto en festas locais ou de arraigada tradición cultural".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta